Sunday 05 de May de 2024

Touro destina 90.000 euros a un Plan Municipal de Obras que constrúe sendas peonís e arranxa o interior de aldeas


O Concello de Touro aprobou e puxo en marcha un Plan Municipal de Obras 2017 que representa un investimento de 87.400 euros. Os traballos, uns xa executados e outros que serán realizados nos próximos meses, consisten na construcción de sendas peonís, arranxo do interior de pequenos núcleos de poboación e reparación de camiños ou outro tipo de vías. As actuacións son financiadas na súa totalidade polo Concello de Touro.
O Plan Municipal de Obras 2017 inclue varias actuacións. A primeira ten un investimento de 27.225 euros. E inclúe o arranxo dun acceso en Turces e a construcción de dúas sendas peonís: unha en Ribeira de Turces e a outra, no Empalme de Vilar. A empresa que está executando estas obras é Martínez Montes e fillos.
Outra das actuacións ten un investimento de 30.842 euros. E a empresa adxudicataria é Hermanos Couto Fandiño. Aquí construirán a senda peonil da estrada de Penetración á estrada de Prevediños, o arranxo do camiño de Pousada a Vilanova (Ribeira) e a reparación do interior de dous núcleos de poboación en Ribeira: San Pedro e Pousada.
A última das partidas, fixada en 29.320 euros, vai destinada á construcción da senda peonil de acceso á igresa de Beseño. A empresa Obras y Viales de Galicia encárgase da construcción. O alcalde de Touro, Ignacio Codesido, indica que con estos investimentos pretenden manter ao días as infraestructuras do Concello de Touro que utilizan os veciños e veciñas para desenvolver a súas actividades do día a día. Destaca tamén, en referencia as sendas peonís, que son actuacións que pretenden incrementar a seguridade víal de quen se move a pé.